Cálculo do rendemento do alugamento dun inmoble (vivenda, local, garaxe, apartamento turístico)
Ingresos, gastos e reducións aplicables
Rendemento mínimo computable en caso de parentesco
Cando o arrendatario ou o adquirente ou cesionario dos dereitos ou facultades de uso ou gozo do ben inmoble, sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte (incluídos os afíns ata o terceiro grao inclusive), o rendemento neto total computable non poderá ser inferior á contía que resulte da aplicación do réxime especial de imputación de rendas inmobiliarias ao inmoble ou dereito real de que se trate.
Os graos de parentesco tanto por consanguinidade coma por afinidade ata o terceiro grao son:
Primeiro grao: fillos, cónxuxe, pais, sogros, xenros e noras. Segundo grao: avós, irmáns, netos e cuñados. Terceiro grao: tíos, sobriños, bisavós e bisnetos.