Recadro 110. Solicitude de Número de Identificación Fiscal (NIF) [Modelo 036]
Terán un número de identificación fiscal para as súas relacións de natureza ou con transcendencia tributaria:
- as persoas físicas
-
as persoas xurídicas, así como tamén os obrigados tributarios a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria (Terán a consideración de obrigados tributarios, nas Leis en que así se estableza, as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición )
No anexo 1 desta guía dáse información acerca da documentación que hai que achegar para a asignación do NIF, así como información xeral sobre a composición do NIF.