Código de boas prácticas tributarias
Elaborado e aprobado polo Foro de Grandes Empresas para promover unha relación reciprocamente cooperativa entre a Axencia Tributaria e as empresas que o subscriban
Adaptación do procedemento de adhesión ao Regulamento xeral de protección de datos
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que fai ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), o Foro de Grandes Empresas, reunido en sesión plenaria o 11 de xullo de 2018, acordou a modificación do terceiro parágrafo do punto 2 do Anexo do Código de Boas Prácticas Tributarias, aprobado na reunión do Foro de Grandes Empresas do 20 de xullo de 2010, relativo ao procedemento de adhesión, quedando como segue: "A Axencia Tributaria poderá informar de cales son as entidades adheridas ao Código, previo consentimento expreso das mesmas, a través da Secretaría Técnica do Foro ".