Análise
Ver históricoA Axencia Tributaria obtén a información sobre os salarios da declaración anual informativa das retencións sobre rendementos do traballo e de actividades económicas (o denominado modelo 190). A información é exhaustiva (están obrigados á súa presentación todos os empregadores) e individual (os seus datos son os que se incorporan aos datos fiscais da campaña de renda de cada contribuínte), de maneira que é a mellor fonte posible para o estudo do mercado de traballo e os salarios.
Nos últimos anos aumentou significativamente a información que ofrece a Axencia Tributaria sobre os arrendamentos. Desde 2021, coa publicación dos datos do exercicio 2019, díspónse da explotación estatística da información sobre os arrendamentos de vivenda consignada na declaración do IRPF . Eses mesmos datos son os que se utilizan para a elaboración do índice de prezos do alugamento de que é responsable o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana que serve, pola súa parte, para establecer os prezos de referencia do alugamento .
A falta dos últimos datos para pechar o ano 2024 xa se poden adiantar moitos dos trazos que caracterizaron o ano, tanto desde o punto de vista da evolución das principais variables da conxuntura como da propia recadación.
O 7 de novembro de 2024, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditou sentenza nos asuntos acumulados C-289/23 e C-305/23, en que se analiza a compatibilidade da reforma do Real decreto Lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei Concursal (TRLC) operada pola Lei 16/2022 coa Directiva (UE) 2019/1023 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, sobre marcos de reestruturación preventiva, exoneración de débedas e inhabilitacións, e sobre medidas para aumentar a eficiencia dos procedementos de reestruturación, insolvencia e exoneración de débedas, e pola que se modifica a Directiva (UE) 2017/1132.
O impacto da catástrofe provocada pola DANA sobre a evolución das cifras económicas e recadadoras non é, evidentemente, a cuestión máis importante desta traxedia, pero si ocupa un lugar destacado desde os primeiros días.
A AEAT ten como misión esencial o fomento do cumprimento voluntario polos cidadáns das súas obrigas fiscais e a prevención e loita contra a fraude. Para iso, como organización, debe prestar os servizos de información e asistencia necesaria para minimizar os custos indirectos asociados ao devandito cumprimento. E ademais estes servizos teñen que mostrarse de forma accesible aos cidadáns para que cada un poida elixir sobre a modalidade de asistencia que necesita (presencial ou non presencial) e a canle polo que quere relacionarse (telefónico, asistente virtual, cita telefónica, chat, presencial …). O plan estratéxico da AEAT 2024 - 2027 reorganiza o modelo de información e asistencia integral, centrandose no cidadán, proporcionandolle un nivel de calidade igual, independentemente da canle que elixa.
Unha das facultades que ten a Axencia Tributaria para asegurar o correcto cumprimento das obrigas fiscais, consiste en obter información financeira, tal como se establece no artigo 93 da lei Xeral Tributaria (LGT).
O 18 de novembro publicouse o Observatorio de Marxes Empresariais (OME) con datos ata o terceiro trimestre.
Unha das cuestións que suscita a aproximación aos distintos supostos de responsabilidade tributaria que recollen os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria é o da súa natureza e, concretamente, se deben cualificarse como sancións e, en consecuencia, aplicarselles as normas propias do réxime sancionador e as súas garantías.
Nas últimas semanas publicáronse dúas estatísticas que explotan a información fiscal sobre a renda persoal desde a dimensión municipal.